Benvida a Cyclos

Benvida á aplicación web da Sabia!


Dende aquí podes rexistrarte ou acceder ao programa dende o que podes consultar as ofertas, publicar novas ofertas, consultar o teu saldo, facer transaccións e moito máis.

Na marxe superior dereita tes a opción de rexistrarte se é a primeira vez que utilizas a moeda ou acceder se xa tes un usuario e contrasinal.

Recoméndamosche elexir un código de usuario (nome de usuario) sinxelo, xa que o terás que recordar e escribir cada vez que queiras acceder e será a forma máis sinxela que terán outras usuarias de atoparte. Se esqueces o contrasinal perdes as túas Sabias ainda que podes recuperar a conta se consigues demostrarnos que era túa.

En caso de ser unha tenda ou comercio con local propio inclúe unha dirección física precisa para aparecer no mapa.

Se eres unha persoa individual non incluas nin numero de portal nin piso.

A aplicación permite enviar mensaxes entre usuarias así que se o desexas podes deixar os campos de telefono e correo-e en branco, ainda que é recomendable dar facilidades para o contacto. Non nos facemos responsables do uso indebido dos datos que compartas. O uso dos mesmos debe ceñirse á utilización desta moeda, pero a responsabilidade recae sobre as usuarias.

Unha vez que estes rexistrada podes descargar a app Cyclos 4 e introducir communities.cyclos.org/ASabia para utilizar a Sabia convenientemente dende o móvil.

Cando subas unha nova oferta inclúe a zona onde estás disposta a ofertalo. Alguns bens e servizos só están dispoñibles para a vila ou cidade na que un se atopa e outros para toda Galicia. Tamén podes subir bens e servizos que quererías mercar con Sabias na categoría de demandas.

Ao principio podevos costar pensar que podedes ofertar pero é importante poñerse en valor a unha mesma e subir todas as ofertas que poidades imaxinar para ver cales funcionan mellor para conseguir as vosas primeiras Sabias.
Máis información
Se queres saber máis sobre este proxecto visita a nosa web:
http://asabiagalega.wordpress.com/

e ponte en contacto con nós, por exemplo se esqueciches o teu contrasinal ou fallaches mais de 5 intentos e estás bloqueada:
ASabia@protonmail.com