A nivel de legalidade a nosa moeda non contempla ningunha dificultade extra. A nosa moeda non pode tratarse coma se fosen euros, pois a súa convertibilidade por estes non está garantida por ninguén. Non se pode mercar ou vender Sabias por euros. Se unha persoa paga con Sabias nun comercio este pode non declarar esa parte pois son consideradas coma un desconto.
As usuarias son as responsables de dar o servizo ou producto ofrecido con garantías de éxito. A Sabia só serve como forma de contacto e contabilidade entre as usuarias e como posible mediadora de conflictos, pero nunca como responsable pola calidade do servizo ou producto ofrecido. Exímese de todas responsabilidade á aplicación da Sabia e a asociación do Consello da Sabia por un mal uso da aplicación. Esta só permite o contacto e interacción entre usuarias mediante movemento de Sabias (que son como unha moeda de videoxogo) ou referencias, etc...
A responsabilidade nos intercambios que se realizan é únicamente das persoas implicadas no mesmo.
A usuaria comprométese a aceptar a mediación da Sabia nos conflictos que poidan xurdir e que non puidesen ser solucionados directamente coa outra usuaria. Neste caso, a Sabia analizará o conflicto, e recomendará unha solución, sendo esta final sen posibilidade de recurso.
O contido da información dos socios inscritos na moeda é confidencial e non está permitida a súa difusión para fins alleos ao mesmo.
As actividades ou prestacións que se realicen entre as partes están
enmarcadas dentro dos traballos realizados a título de amizade,
benevolencia ou boa vecindade, excluindo calquer tipo de relación
laboral entre elas.
A usuaria comprométese a aceptar as normas da Sabia e a que o seu non cumprimento pode levar acarreado unha suspensión ou expulsión do sistema.
DEREITOS DAS USUARIAS
Todas as usuarias da Sabia teñen dereito a:
• Ser tratado con dignidade, cuidado e respeto.
• Recibir o pago acordado polos seus servizos.
• Poder gastar a súa moeda en servizos ofrecidos por outras usuarias.
• Poder doar a súa moeda a outras usuarias ou organizacións.
• Manter a privacidade e confidencialidade que desexe.
• Ser valorado.
• Ser tratado xustamente.
DEBERES DAS USUARIAS
Toda as usuarias teñen o deber de:
• Respetar a privacidade e confidencialidade de outras usuarias e absterse de usar os datos compartidos polas usuarias para calquer outro uso non relacionado ca utilización da moeda e do mercado online de ofertas e servizos.
• Manter as citas que faga con outras usuarias.
• Escoitar os consellos e instruccións das outras.
• Divertirse e compartir as experiencias.