Se acabas de comezar a utilizar esta moeda debes ter en conta algunhas cuestións importantes para non verte en problemas nun futuro por falta de planificación.
Como comprenderás, a nosa moeda só se pode utilizar nas ofertas que compartimos outrsa usuarias polo que non é tan sinxelo atopar onde usala coma os euros, que se aceptan en infinidade de sitios. Debes ter en conta a túa capacidade para gastar ou aforrar en Sabias antes de comezar a aceptar a moeda en grandes cantidades. O proxecto está ben pensado pero podería fallar. No momento en que a xente deixara de usar a moeda esta perdería o seu valor, co cal, canta máis moeda aforres, máis compartes o risco co proxecto. Se non tes inconvinte e podes acumular Sabias sen problema entón non tes por que preocuparte pero asegúrate de non acumular máis cantidade da que estás disposta a arriscarte a perder (en caso de que o proxecto fracase).
Moitas de nós precisamos os euros para facer fronte a gastos inmediatos polo que a nosa capacidade de aceptar Sabias pode estar limitada pola nosa necesidade de ingresar euros. Outras poderemos permitirnos ingresar menos euros e sustituilos por Sabias no seu lugar. Por todo o anterior é preciso que nada máis comezar botes un vistazo a ver que se oferta na moeda e faite unha idea das posibilidades que tes de gastar a moeda. Podes confiar que nun futuro aumenten pero neste momento só serve para o que ves no mercado online, que podes consultar dende a aplicación de ordenador na que estás agora mesmo, ou na aplicación de móbil.
Unha vez que saibas as túas posibilidades reais de uso da moeda podes plantexarte canta estás disposta a aceptar. Sería bó establecerte un límite máximo de Sabias que estás disposta a acumular ata atopar en que gastalas e ir axustando a túa oferta a esta cantidade en función do que vaias gastando. Sempre que alguén che pida pagar con Sabias podes decirlles que neste momento se cadra non podes aceptalas, ou só nunha porcentaxe do prezo.
Cantas máis cousas ofrezas máis fácil é atopar clientes e así comezar a coñecer ás outras participantes desta moeda. Elas poderán axudarte tamén a ir comprendendo a moeda e o funcionamento da comunidade. É co uso cotiá como se vai tendo unha idea precisa de como funciona a moeda e como se pode utilizar no voso interese.
Utiliza a moeda de forma creativa, se cadra regalándolla aos teus clientes habituais como maneira de fidelizalos. Intenta falar cos teus proveedores e comparte con eles as vantaxes de utilizar a nosa propia moeda para así ir pechando círculos que che permitan prescindir cada vez máis dos ingresos en euros. E o máis importante, pásate pola asamblea para decidir cos demáis que proxectos sociais e ambientais apoiamos coa moeda creada.
Fai un uso responsable e recorda que por moi bó deseño que teña a nosa moeda sempre pode fallar. Boa sorte e moita imaxinación á hora de ofertar bens ou servizos.