Deseño da moeda


A Sabia ten un deseño único que lle confire as seguintes características:

Os beneficios de utilizar a moeda

A pesar de que existen menos opcións onde utilizala que o euro, unha moeda rexional con este deseño ten o potencial de crear grandes beneficios:

¿Que riscos se asumen aceptando a moeda?

Que a moeda deixe de usarse e polo tanto non sirva para mercar nada. Isto pode suceder por moitos motivos que teñen que ver cunha perda da confianza no proxecto.

O risco só o asumen as persoas que teñen a moeda nas suas contas sen utilizar. Ademáis canto menor é o número de usuarias máis fráxil é o sistema.

Medrar, clave para o éxito.

Cunha ampla comunidade de usuarias comprometidas os riscos diminúen e os beneficios aumentan considerablemente. Por iso é tan importante asegurarse de que a expansión da moeda ocorre de forma sinxela e sen fricción ata lograr unha masa crítica óptima.

A asamblea

A asamblea é fundamental para materializar os valores que compartan as participantes do proxecto. Xa que a adhesión e utilización da moeda son libres, a asamblea ten que exercer de forza complementaria ás leis do mercado. As necesidades da comunidade e do medio ambiente contan co bo xuízo da asamblea para satisfacerse.

A asamblea debe ser o espazo onde diferentes formas de valor son recoñecidas mediante a óptima asignación dun recurso común xerado entre todas: moeda de nova creación. Búscase ter un impacto positivo no medio ambiente e na sociedade o máis visible posible.

Para isto a asamblea conta cos seguintes métodos de actuación:

Mentres a comunidade da moeda non sexa demasiado grande unha asamblea presencial e boas canles de comunicación horizontal son unha boa forma de controlar entre todas o que está pasando e responder adecuadamente.